
Son Xandre, fisioterapeuta e adestrador persoal. Desde neno convivín cunha enfermidade reumática que me ensinou a valorar o movemento como ferramenta para ser máis libre.
Fun deportista de elite en bádminton e hoxe acompaño a persoas de todas as idades a mellorar a súa saúde e rendemento.
O meu enfoque combina coidado, prevención e rendemento para que cada persoa poida moverse mellor e vivir con máis calidade.
Presenciais e en liña
Sesións individuais para avaliar e tratar dor ou lesións musculoesqueléticas, combinando terapia manual e exercicio terapéutico adaptado ás túas necesidades.
Máis InfoSesións de adestramento deseñadas para mellorar a túa forza, mobilidade e técnica de movemento. Cada sesión está adaptada ao teu nivel e obxectivos, con corrección en tempo real e seguimento do teu progreso.
Máis InfoClases de Pilates en grupos reducidos en ONDA (Galerías de la Oliva, Pontevedra), orientadas a mellorar a mobilidade, o control corporal e o fortalecemento do core.
Máis InfoUn espazo para falar directamente comigo por videochamada, coñecer o teu caso a fondo e recibir explicacións claras, ademais de ferramentas prácticas para mellorar a túa saúde e movemento.
Máis InfoServizo completo para avanzar na túa saúde e movemento con apoio continuo. Inclúe unha sesión individual de videochamada para coñecer o teu caso a fondo e seguimento semanal online para acompañarte mentres o precisas, co obxectivo de que avances con autonomía e confianza.
Máis InfoPrograma de adestramento personalizado en liña. Cada semana recibirás unha rutina adaptada aos teus obxectivos, nivel e condición física, con axustes continuos segundo o teu progreso para mellorar a forza, a mobilidade e a técnica.
Máis Info“O corpo está feito para moverse”
Combino fisioterapia e adestramento persoal para ofrecer un enfoque integral. Desde a recuperación de lesións ata a mellora do rendemento deportivo, todo está deseñado para que te movas mellor e vivas con máis calidade.
Cada programa está deseñado especificamente para ti, independentemente da túa idade ou nivel de forma física.
Acompañamento mensual para asegurar que avanzes cara aos teus obxectivos con seguridade.
Flexibilidade total para que poidas adestrar onde e cando che veña mellor.